Son tamén Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández.
Levan dez anos xuntas, sábeno pola data de creación do grupo de WhatsApp.
Daquela non se chamaban De Vacas, eran Spice Jazz, logo mudaron o nome e pasaron a ser Pancho and the Chochas.
Unha noite, nalgún bar da cidade que as viu nacer, adoptaron a súa forma definitiva: eran catro vacas, catro vacas que cantaban.
Comezaron versionando cancións en idiomas diversos, creceron no país do cunnilingüismo harmónico. Un karaoke en coreano (de Corea do Norte) catapultounas á fama internacional e desde entón percorreron os palcos de todo o mundo. De Viveiro ao Bolo, de Noaia á Teixeira.
Presentaron dous grandes espectáculos “Tour Vacanal” e “Rebovina Divas Live” cos que actuaron por toda Galiza e xiraron por parte importante da península (Madrid, Valencia, Euskadi, Murcia, Andalucía, Asturias, Castela e León, Portugal…)
De Vacas teñen novo espectáculo “REBOVINA DIVAS LIVE”.
Visten a escena e desempolvan as súas mellores galas para a ocasión, rebobinando na memoria do tempo.
É unha homenaxe a elas, ás mestras, ás divas do pop: Whitney, Celine, Mónica, Beyoncé…mulleres que acompañaron coas súas cancións tantos momentos felices, tantas horas de guachinein a voces coas nosas irmás, compañeiras do traballo, da vida e do amor.
Apostan por unha iluminación que non ten nada que envexarlle a Vigo, por un vestiario xenial e feito a medida que potencia a teatralidade, ademais de servirse de novos elementos escenográficos. Ás músicas e bases electrónicas súmanselle espectaculares coreografías co cu sentado na silla.
As letras, a súa seña de identidade, seguen na liña do compromiso co feminismo, o ecoloxismo, a poesía e o cunilingüismo. As harmonías de voces e guitarra marcan o carácter dun grupo que explota a enerxía xuvenil ata o extremo, convidándovos a desfrutar dunha fantasía divina.
Veñen de actuar por toda Galiza e xirar por parte importante da península (Madrid, Valencia, Euskadi, Murcia, Andalucía, Asturias, Castela e León, Portugal…)
Foron espectáculo musical recomendado na Rede Española de Teatros e Auditorios no ano 2019.
Gañaron o Premio Territorio Violeta na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo, como recoñecemento polo traballo feminista en prol da igualdade de xénero no ano 2018.
Gañaron os Premios Martín Códax da Música, na categoría de Coros e Música Vocal no ano 2016.
Paticiparon en feiras destacadas como a Mostra de Teatre D’Alcoi (2019), Feira de Teatro de Castilla y León Ciudad Rodrigo (2018), a MIT de Ribadavia (2018), o Festival de Música e Humor “O Gesto Orelhudo” (Águeda, Portugal, 2018) ou o Festival Arcu Atlánticu (Xixón, 2016).
Tamén lles gusta ir de gala, foron voz da Gala de Premios Catas de Galicia 2018, dos Premios da Cultura Galega 2016 e dos Premios Mestre Mateo 2021.
De Vacas son a Marela, a Pinta, a Morena e a Rubia.
Son tamén Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández.