Pero non só iso, as vacas actuaron por toda Galiza e xiraron por parte importante da península (Madrid, Valencia, Euskadi, Murcia, Andalucía, Asturias, Castela e León, Portugal…)
Foron espectáculo musical recomendado na Rede Española de Teatros e Auditorios no ano 2019.
Gañaron o Premio Territorio Violeta na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo, como recoñecemento polo traballo feminista en prol da igualdade de xénero no ano 2018.
Gañaron os Premios Martín Códax da Música, na categoría de Coros e Música Vocal no ano 2016.
Paticiparon en feiras destacadas como a Mostra de Teatre D’Alcoi (2019), Feira de Teatro de Castilla y León Ciudad Rodrigo (2018), a MIT de Ribadavia (2018), o Festival de Música e Humor “O Gesto Orelhudo” (Águeda, Portugal, 2018) ou o Festival Arcu Atlánticu (Xixón, 2016).
Tamén lles gusta ir de gala, foron voz da Gala de Premios Catas de Galicia 2018 ou dos Premios da Cultura Galega 2016.